Visita nosas redes sociais

|

ESPAZO ACOLLE

O Programa de Inclusión Social ESPAZO ACOLLE configúrase como un espazo de atención, coidado e activación e defensa de dereitos, dirixido especificamente a persoas migrantes en situación ou risco de exclusión social na Coruña e a súa comarca, un territorio marcado por unha elevada taxa de pobreza severa, precariedade administrativa, dificultades de acceso ao emprego, vivenda e saúde, e múltiples barreiras lingüísticas, culturais e institucionais que afectan especialmente a mulleres migrantes, persoas sen rede de apoio e persoas en situación administrativa irregular.

As actuacións parten dunha concepción integral da inclusión social, que vai máis alá da cobertura de necesidades materiais para incidir no acceso efectivo aos dereitos fundamentais, a autonomía persoal e a participación social. A intervención articúlase desde unha perspectiva feminista, interseccional, ecosocial e comunitaria, co obxectivo de garantir a autonomía, o empoderamento colectivo e a participación plena das persoas migrantes, recoñecendo as múltiples discriminacións ás que se enfrontan.

ESPAZO ACOLLE desenvolve un programa integral e personalizado de inclusión, orientado a responder de maneira efectiva ás múltiples dimensións da exclusión social que afectan ás persoas migrantes, como a irregularidade administrativa, a falta de recoñecemento de cualificacións, a xenofobia institucional ou a ausencia de redes familiares.

Programa FOAXE-P 2026 da Deputación da Coruña. Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o mantemento de programas e servizos en
materia de servizos sociais no ano 2026

Caguama Instituto de Migracións Ecosociais © 2025

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.