Visita nosas redes sociais

|

OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS

A Oficina de Dereitos Sociais configúrase como un espazo de atención, coidado e activación e defensa de dereitos, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social na Coruña e a súa comarca, onde a necesidade social está determinada por unha elevada taxa de pobreza severa, exclusión, precariedade laboral e dificultade no acceso a dereitos básicos, con especial impacto en colectivos vulnerables como mulleres, persoas migrantes, mozos/as e persoas maiores en situación de soidade.

As actuacións da ODS parten dunha concepción integral da inclusión social, que vai máis alá da cobertura de necesidades materiais para incidir no acceso efectivo aos dereitos fundamentais, a autonomía persoal e a participación social. 

A intervención articúlase desde unha perspectiva feminista, interseccional, ecosocial e comunitaria, co obxectivo de garantir a autonomía persoal, o empoderamento colectivo e a plena participación social das persoas en situación de vulnerabilidade.

Dacordo coa carteira de Prestacións de Inclusión Básica recollida no Decreto 61/2016, a Oficina de Dereitos Sociais (ODS) desenvolve un programa integral e personalizado de inclusión, orientado a responder de maneira efectiva ás múltiples dimensións da exclusión social.

Así, a actuación estrutúrase en base ao conxunto de prestacións recollidas na normativa vixente, adaptándoas ao contexto local e ás realidades diferenciadas das persoas participantes.

Orde do 23 de maio (DOG nº 108, de 9 de xuño de 2025)
Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
“Inclusión Social e loita contra a pobreza”
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
O obxectivo principal desta axuda é:
Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa,
e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.
O resultado que se pretende acadar é mellorar a inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social

Caguama Instituto de Migracións Ecosociais © 2025

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.