Visita nosas redes sociais

|

ECO-LABORA

O Programa Eco-Labora de Inclusión Sociolaboral e Transición ao Emprego está pensado para persoas en risco ou situación de exclusión social no concello da Coruña e a súa comarca. Combina acollida, deseño, formación e acompañamento, adaptando itinerarios segundo as circunstancias persoais para a mellora das capacidades persoais e sociais e de accións que promovan o acceso e a permanencia no mercado laboral.

Trátase dunha intervención integral, estruturada arredor dunha serie de liñas comúns que permiten organizar e articular de maneira coherente as distintas actuacións, garantindo o cumprimento das prestacións para o apoio á inclusión sociolaboral e a transición ao emprego. 

Neste programa realizamos unha diagnose social e itinerarios personalizados, un acompañamento social e xurídico Integral, formacións, facilitamos ferramentas para a activación para o emprego e o emprendemento e creamos espazos grupais de coidado, apoio mutuo, liderado e participación comunitaria.

Orde do 23 de maio (DOG nº 108, de 9 de xuño de 2025)
Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
“Inclusión Social e loita contra a pobreza”
Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027
O obxectivo principal desta axuda é:
Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa,
e mellorar a empregabilidade, en particular para os colectivos desfavorecidos.
O resultado que se pretende acadar é mellorar a inclusión socio laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social

Caguama Instituto de Migracións Ecosociais © 2025

Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves ao noso sitio web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.